|
|
 |
 |
PROXECTOS
|
| 2010 |
|
OBSERVATORIO SOCIOECONÓMICO RedeXIANA |
 |
|
Ámbito: Provincial
Rede XIANA é unha iniciativa da Deputación de A Coruña que se impulsa no ano 2007. A súa labor encamíñase á promoción de actuacións en territorios rurais da provincia de A Coruña para impulsar a mellora do emprego e creacións de servizos de proximidade no medio rural.
O observatorio socioeconómico é un sistema de recollida de información, diagnose e seguimento da realidade empresarial e laboral que contribúe á mellora continua dos itinerarios de formación sociolaboral para adaptalos ao estado e necesidades actuais do mercado laboral e estrutura social. |
| |
| 2009 |
|
DIFUSIÓN E HOMOLOGACIÓN DAS RUTAS DE SENDEIRISMO DO CONCELLO DE BEARIZ |
 |
|
Ámbito: Municipal
Proxecto de promoción turística do concello de Beariz a través da promoción dos roteiros existentes no concello e o asesoramento para a súa homologación.
O concello de Beariz conta con catro roteiros turísticos xa sinalizados e precisa agora dalos a coñecer. Para elo dixitalízanse as rutas para poder ser seguidas mediante GPS. Realízase unha reportaxe fotográfica e estudo en profundidade dos recursos naturais e culturais que se disfrutan nas rutas para plasmalos en folletos con mapas e facendo que os contidos estean dispoñibles tamén na páxina web do concello.
Ideara S.L. tamén avalía o estado de sinalización e conservación das rutas e a tipoloxía das mesmas (dureza e outras características técnicas a valorar de cara á súa valoración por parte da Federación Galega de Montañismo). Desta análise sae un documento en que se definen a accións a desenvolver para acadar a definitiva homologación das rutas e inclusión así no catálogo de sendeiros de Galicia.
|
| |
| 2009 |
|
ELABORACIÓN DAS GUÍAS E MATERIAIS DIDÁCTICOS QUE VAI UTILIZAR O PROFESORADO E O ALUMNADO NA IMPARTICIÓN DA FORMACIÓN DO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DE ACTIVIDADES DE VENDA. CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE LUGO |
 |
|
Ámbito: Autonómico
O obxectivo xeral do presente estudo é deseñar e elaborar as guías e materiais didácticos a empregar polo profesorado e alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de Actividades de Venda. |
| |
| 2009 |
|
ESTUDO DAS CONDUTAS RELACIONADAS COA SAÚDE EN ESTUDANTES DE 3º E 4º DA ESO EN GALICIA. CONSELLERÍA DE SANIDADE |
 |
|
Ámbito: Autonómico
Organización e control de calidade do traballo de campo. Gravación, codificación e depuración da base de datos para a realización dunha enquisa dirixida a alumnos de 3º e 4º da ESO. |
| |
| 2009 |
|
II PROGRAMA PROVINCIAL DE LOITA CONTRA AS TOXICOMANIAS |
 |
|
Ámbito: Provincial
O obxectivo xeral que persegue este programa de prevención de consumo de drogas que promove a Deputación Provincial da Coruña é informar a jovenes de entre 12-18 anos e ás súas familias sobre as substancias e os seus efectos, tratar de incidir no atraso da idade de inicio no consumo, potenciar os factores de protección, mellorar as habilidades comunicativas e preventivas e potenciar os factores de prevención, entre outros. O programa está enfocado a varias zonas da provincia. |
| |
| 2009 |
|
REALIZACIÓN DUNHA AVALIACIÓN DA SATISFACCIÓN DOS ALUMNOS DO CURSO DE APTITUDE EMPRESARIAL PARA A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL |
 |
|
Ámbito: Autonómico
A Consellería de Medio Rural realiza o Curso de Aptitude Empresarial, cunha duración de 250 horas, para apoiar e impulsar ós empresarios do sector agrario, incluíndo módulos de contidos comúns e outros que varían por sector de actividade. Para decidir en que medida unha acción formativa é exitosa é preciso saber se cumpriu cos seus obxectivos, para iso realizarase unha avaliación da satisfacción dos alumnos mediante a aplicación dun cuestionario telefónico. |
| |
| 2009 |
|
RELACION ENTRE FORMACION PROFESIONAL, OCUPACIÓNS SISPE, RELACIONADAS COAS FAMILIAS CNCP DE ADMINISTRACION E XESTIÓN, COMERCIO E MARKETING E INFORMATICA E COMUNICACIÓN PARA FOREM GALICIA |
 |
|
Ámbito: Autonómico
Trátase de estudar a situación actual e a evolución das ocupacións coa finalidade de establecer a relación entre a formación profesional, as ocupacións e as cualificacións do catálogo nacional. O resultado que o estudo persegue é que nos podamos anticipar ós cambios proporcionando información válida sobre as políticas activas e que se integre no Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego (SISPE) |
| |
| 2008 |
|
ENQUISA SOBRE A VALORACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA E LOCAL PARA A EGAP |
 |
|
Ámbito: Autonómico
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) contrata a Ideara a realización dun estudo. A finalidade deste estudo era coñecer a opinión dos cidadáns sobre os servizos públicos da Administración, coñecer as deficiencias e problemáticas que perciben e saber cales son factores determinantes na satisfacción cos mesmos. |
| |
| 2008 |
|
ESTUDO SOBRE A IMAXE QUE OS EMPRESARIOS GALEGOS TEÑEN DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN |
 |
|
Ámbito: Autonómico
O obxectivo xeral do presente estudo é coñecer cal é a imaxe que os empresarios galegos teñen do sistema de Formación Profesional regrada, para iso combinouse a aplicación de técnicas cuantitativas e cualitativas. |
| |
| 2008 |
|
ESTUDO SOBRE A INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL QUE TERMINARON ESTUDOS NO CURSO 2005-2006 EN GALICIA PARA A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN |
 |
|
Ámbito: Autonómico
A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria promove a realización dunha investigación para coñecer a inserción laboral dos titulados de FP que completaron esta formación no curso 2005-2006. |
| |
| 2008 |
|
OS SECTORES DE ENERXÍA EÓLICA E SOLAR EN GALICIA: ESTUDO DAS NECESIDADES FORMATIVAS DOS TRABALLADORES PARA A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA |
 |
|
Ámbito: Autonómico
Realización dunha análise económico-empresarial, ocupacional e formativa dos sectores de Enerxía Eólica e Solar en Galicia para determinar as necesidades formativas existentes nas ocupacións características e máis demandadas dos mesmos. |
| |
|
|
|
|
|
|
|