REALIZACIÓN DE AUDIOGUÍAS PARA A VISITA TURÍSTICA DO MUSEO DA CONSTRUCIÓN NAVAL DE FERROL IDEARA SL foi a empresa adxudicataria deste concurso público. En breve se comezará a traballar neste apaixoante proxecto que forma parte do PLAN DE DINAMIZACIÓN DO PRODUTO TURÍSTICO FERROL-ORTEGAL.
23-07-2010
ENQUISA DE DEMANDA TURÍSTICA EN DESTINO DE GALICIA IDEARA SL realiza para o IETG (Instituto de Estudios Turístico de Galicia) a ENQUISA DE DEMANDA TURÍSTICA EN DESTINO DE GALICIA. Este traballo desenvolverase dende o mes de xullo ate o de decembro de 2010.
15-07-2010
II PROGRAMA DE PREVENCION DE DROGODEPENDENCIAS Programa promovido e financiado pola Deputación Provincial da Coruña.
27-05-2010
ELABORACIÓN DAS GUÍAS E MATERIAIS DIDÁCTICOS PARA A IMPARTICIÓN DO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DE OPERACIONS DE MANTEMENTO E TRANSPORTE INTERNO NA INDUSTRIA ALIMENTARIA ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos), encarga a IDEARA a realización deste traballo de investigación e elaboración de contidos formativos tanto para a súa impartición presencial como e-learning.
28-04-2010
ESTUDO DA INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS TITULADAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DO CURSO 2007-2008 E OCUPACIÓN LABORAL DO ALUMNADO QUE REMATOU A FCT NO ANO 2009 A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria promove a realización dunha investigación para coñecer a inserción laboral dos titulados de FP que completaron esta formación no curso 2007-2008 e dos que finalizaron la FCT no ano 2009.
IDEARA SL contactará cunha mostra de mais de 6.000 persoas ás que se lle realizará unha entrevista telefónica (CATI).
16-03-2010
PREZOS PERCIBIDOS E PAGADOS POLAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS NO CUARTO TRIMESTRE DE 2009 E PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO TRIMESTRES DE 2010 A consellería de Medio Rural adxudica de forma provisional a IDEARA realización do estudo consistente na recollida de información e gravación da enquisa de prezos percibidos e pagados polas explotacións leiteiras.
08-03-2010
ELABORACIÓN DAS GUÍAS E MATERIAIS DIDÁCTICOS QUE VAI UTILIZAR O PROFESORADO E O ALUMNADO NA IMPARTICIÓN DA FORMACIÓN DO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DE MECANIZADO DE MADEIRA E DERIVADOS A CEL (Confederación de Empresarios de Lugo) encarga a Ideara SL a realización deste proxecto que se executará ao longo do ano 2010 e cuxo resultado sera presentado a finais do presente ano.
12-02-2010
PRESENTACIÓN DO OBSERVATORIO SOCIOECONÓMICO DO PROXECTO REDE XIANA Dentro das actividades que Realiza Rede XIANA, e como parte do propio proxecto, o vindeiro 19 de febreiro teRÁ lugar na sede da Deputación dA Coruña a presentación dos resultados DO Observatorio Socioeconómico que se realizou durante o ano 2009.
15-01-2010
CATALOGO DE OBRADOIROS DIRIXIDOS A ADMINISTRACION PUBLICA E A ASOCIACIONS DE DIVERSOS AMBITOS Ideara realiza a admistración pública e asociacións obradoiros nos ambitos de xestión e emprego, servizos sociais e atención a persoas e actividades culturais e deportivas.
01-12-2009
ESTUDO SOBRE A XESTIÓN DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NAS EMPRESAS GALEGAS O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) adxudicou a IDEARA SL a realización de este estudo entre as empresas galegas.
25-11-2009
XORNADAS DE DIFUSION DE ACCIONS COMPLEMENTARIAS 2008-2009 IDEARA SL estivo presente na xornada de difusión de accions complementarias financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia que se realizou no Palacio de Exposicións e Congresos de Santiago.
09-11-2009
CATALOGO DE ACCIONS FORMATIVAS 2009-2010
02-11-2009
AXENDA DE MULLERES DO CONCELLO DE REDONDELA Dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, preténdese recuperar parte da memoria histórica das mulleres de Redondela.
15-10-2009
INICIO DO ESTUDO DE COBERTURA VACINAL EN GALICIA Ideara pon en marcha o traballo de campo para a realización de máis de 3600 enquisas/supervisións a domicilio.
14-10-2009
PRESENTACION DO II PROGRAMA DE PREVENCION DE DROGODEPENDENCIAS NA COMARCA DE SANTIAGO IDEARA como responsable da execución do programa, presenta no Concello de Teo e xunto coa Deputación da Coruña o II Plan Provincial de Prevención de Toxicomanías que se desenvolverá na bisbarra de Santiago entre os anos 2009-2010. Os Concellos nos que se desenvolverá o programa son: Teo, Boqueixón, Vedra, Val do Dubra, Brión e Ames.
09-10-2009
PRESENTACION DO II PROGRAMA DE PREVENCION DE DROGODEPENDENCIAS NO BARBANZA IDEARA como responsable da execución do programa presenta no Concello de Boiro e xunto coa Diputación de A Coruña o II Plan Provincial de Prevención de Toxicomanías que se desarrollará na comarca do Barbanza entre os anos 2009-2010.
08-10-2009
DIFUSION DO SENDEIRO FLUVIAL DO RIO TEA EN MONDARIZ BALNEARIO IDEARA finaliza o traballo de difusión do Sendeiro Fluvial do Río Tea, proxecto subvencionado pola Consellería de Medio Rural e promovido polo Concello de Mondariz Balneario.
30-09-2009
IDEARA ENTREGA AO CONCELLO DE DODRO O PMPDCIF IDEARA fixo entrega ao Concello de Dodro da redacción do Plan Municipal de prevención e Defensa contra Incendios Forestais do concello.
10-09-2009
IDEARA ENTREGA AO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS O PMPDCIF IDEARA fixo entrega ao Concello de Salceda de Caselas da redacción do Plan Municipal de prevención e Defensa contra Incendios Forestais do concello.
08-09-2009
PRESENTACION DO II PROGRAMA DE PREVENCION DE DROGODEPENDENCIAS DA DEPUTACION DE A CORUÑA IDEARA como responsable da execución do programa presentou xunto coa Deputación da Coruña o II Plan Provincial de Prevención de Toxicomanías, que se desenvolverá nas comarcas da Coruña, Compostela, e Barbanza.
01-09-2009
REALIZACION DO ESTUDO DE COBERTURA VACINAL A Cosellería de Sanidade da Xunta de Galicia resolve con data 25.08.2009 adxudicar de forma provisional a IDEARA SL a realización do Estudo de Cobertura Vacinal.
27-08-2009
PROXECTO PARA A DIFUSIÓN DUN SENDEIRO NO ESPAZO DA REDE NATURA 2000 NO CONCELLO DE ROIS Ideara finaliza a execución do traballo de deseño e difusión do Sendeiro dos Ríos, proxecto subvencionado pola Consellería de Medio Rural e promovido polo Concello de Rois.
23-07-2009
DIFUSIÓN E HOMOLOGACIÓN DAS RUTAS DE SENDEIRISMO DO CONCELLO DE BEARIZ Ideara pon en marcha a realización desta asistencia para o Concello de Beariz consistente na difusión e valoración dos espazos que compoñen o percorrido das rutas de sendeirismo que existen no concello.
09-07-2009
CURSO GRATUÍTO DE “VENDA ONLINE” (30H, MODALIDADE TELEFORMACIÓN) Actualmente, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), en colaboración con IDEARA SL, está elaborando a plataforma formativa para a realización dos cursos de teleformación que permiten acadar o certificado de profesionalidade de Actividades de Venda. Este proxecto está cofinanciado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo.
15-06-2009
REALIZACION DO PLAN MUNICIPAL DE PREVENCION E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS O Concello de Dodro encarga a Ideara a redacción do Plan de Prevención contra Incendios Forestais.
01-06-2009
ESTUDO SOBRE O SECTOR DE SEGUROS DE DECESOS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA O Tribunal Galego de Defensa da Competencia (TGDC) adxudica a Ideara a realización deste estudo sectorial.
25-05-2009
PROGRAMA PROVINCIAL DE LOITA CONTRA AS TOXICOMANIAS A Deputación Provincial da Coruña adxudica de forma provisional a Ideara a realización da asistencia técnica consistente na realización do Programa Provincial de prevención de consumo de drogas en tres zonas da provincia da Coruña. Zona Santiago, zona A Coruña e zona Barbanza.
14-05-2009
OBSERVATORIO SOCIOECONOMICO DO PROXECTO REDE XIANA Ideara e o observatorio socioeconómico do Proxecto Rede Xiana.
27-04-2009
ESTUDO DE CONDUTAS RELACIONADAS COA SAUDE EN ALUMNOS DE 3º E 4º DA ESO Ideara pon en marcha o traballo de campo, realizaranse enquisas a alumnos en mais de 200 aulas de ESO de toda Galicia.
21-04-2009
IDEARA PON EN MARCHA O CURSO DE FORMACIÓN EN INVESTIGACIÓN DE MERCADOS: COMO REALIZAR ESTUDOS SOBRE SATISFACCIÓN DE CLIENTES DENDE A PROPIA EMPRESA IDEARA imparte na CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA un curso presencial de 50 horas de duración a partir do 21.04.2009.
Preténdese formar ós asistentes nas competencias, coñecementos e habilidades necesarias para deseñar e executar unha investigación, mediante o deseño e análise de enquisas, que permitirá coñecer a fondo a opinión dos clientes sobre a empresa, produtos e marcas.
16-04-2009
HOXE DA COMEZO NAS INSTALACIÓNS DA CEP (VIGO) O CURSO DE FORMACIÓN QUE IMPARTE IDEARA EN SEGURIDADE E PREVENCIÓN DE RISCOS DE CAÍDAS NOS TRABALLOS EN ALTURA IDEARA imparte na CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA un curso básico, de 45 horas, sobre o manexo de equipos de seguridade e dos distintos equipos de protección individual (liñas de vida, sistemas de suxeición, anticaídas, etc.) para a posterior aplicabilidade ós postos de traballo.
06-04-2009
PRESENTACIÓN DA MARCA DE TURISMO DO CONCELLO DE PORTOMARÍN En acto público perante medios de comunicación ten lugar a presentación da imaxe de turismo que Ideara elaborou para Portomarín, así como a ruta turística deseñada e a campaña de promoción que se pretende por en marcha dende a corporación local.
17-03-2009
IDEARA REALIZA A SUPERVISIÓN DO SERVIZO NOITEBÚS Ideara SL colaborará na supervisión do servizo creado pola Dirección Xeral de Transportes da Xunta de Galicia, Programa de transporte nocturno a lugares de ocio, denominado NOITEBÚS.
03-03-2009
IDEARA INCORPORA UNHA TÉCNICO MÁIS AO SEU EQUIPO O equipo de Ideara conta desde hoxe cunha novaa técnico na área de Educación Social e Antropoloxía.