|
|
 |
 |
QUEN SOMOS
IDEARA
é unha empresa de investigación social que realiza sondaxes de opinión, investigación de mercados e análise de tendencias de grupos sociais, tanto a nivel nacional como autonómico ou local.
Grazas ó seu equipo profesional e técnico, con experiencia en análise estatístico, socioloxía, marketing, recursos humanos e psicoloxía, IDEARA ten a solvencia para ofrecer respostas e claves estratéxicas sobre as actitudes, opinións e comportamento de calquera colectivo: clientes, votantes, usuarios, consumidores, empregados, prescriptores, grupos humanos con características especiais ou novos movementos sociais.
Coñecedores do contorno dinámico, competitivo e complexo no que vivimos, IDEARA trata de dar o mellor servizo aos seus clientes, xa sexan Empresas privadas ou Institucións e Organismos Públicos. Por iso, máis que información avalada con datos, achegamos RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS E SOLUCIÓNS ÓS PROBLEMAS.
Esta formulación, unida ao rigor técnico e a fiabilidade da nosa información (que é facilmente contrastada co tempo) fan que a fidelidade dos nosos clientes sexa moi alta.
|
|
|
|
|